2 dic. 2013

SAMAÍN 2013

O pasado 6 de novembro celebramos o Samaín no Instituto.
Como ben sabedes esta festa de orixe celta marcaba a fin do verán e a entrada do inverno. Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro reuníanse nos camposantos para celebrar as farras dos guerreiros comendo o riquísimo porco de samaín.
Era a noite máis perigosa do ano, porque as portas do outromundo abríanse e por elas podían entrar as ánimas que eran quen de cobrar algunha débeda pendente aos moradores deste mundo dos vivos. Uhhhh! Que medo!
Nesta presentación poderás ver todo o que fixemos esa mañá.

9 oct. 2013

LUÍSA VILLALTA: PAIXÓN E COMPROMISO

O pasado venres 13 de setembro, na capela de San Roque e dentro dos actos de conmemoración do 25 aniversario do IES Isaac Díaz Pardo, inaugurouse a exposición "Papagaio", con fotografías de Maribel Longueira e poemas de Luísa Villalta. No transcorrer do acto proxectouse o documental sobre a sempre querida e lembrada ex-profesora do instituto, realizado por "Gallaecia Filmes".


21 may. 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O pasado martes, 14 de maio, os alumnos /as de 4º ESO visitaron  A Voz Audiovisual, dentro das actividades que o Equipo de Dinamización Lingüística programou para esta semana das Letras Galegas. Aquí está a reportaxe gráfica.




Esta semana non paramos no Instituto, esta vez tocoulles aos alumnos/as de 3º ESO que asistiron ao CORRELINGUA 2013.

26 abr. 2013

PREMIO DO CONCURSO DE VÍDEOS "CORRELINGUA 2013"

     O venres 26 de abril alumnos e alumnas do noso centro recolleron en Pontevedra o premio que nos acredita como gañadores do concurso de vídeos Correlingua 2013.



13 abr. 2013

GALLAECIA FILMES, A PRODUTORA DE AUDIOVISUAIS DO EDLG DO NOSO INSTITUTO, GAÑA O CONCURSO DE VÍDEOS "CORRELINGUA 2013"

Xa podes ver o vídeo gañador do concurso "Correlingua 2013", Galego, a chave do mundo, realizado por 14 alumnos e alumnas do noso centro.
O vindeiro 26 de abril recolleremos orgullosos o premio en Pontevedra.
Parabéns para todos os participantes.

http://www.youtube.com/watch?v=GfljKpWBstI

26 mar. 2013

ASÍ SE RODOU "GALEGO, A CHAVE DO MUNDO"

Pequena montaxe coas tomas falsas da rodaxe de "Galego, a chave do mundo", curtametraxe coa que o EDLG participa no concurso de vídeos do Correlingua 2013.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=bRowItPVdtM

18 feb. 2013

ROSALÍA DE CASTRO

 ANIVERSARIO!!!!!
24 DE FEBREIRO: ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO.
HAI 150 ANOS QUE SE PUBLICOU CANTARES GALLEGOS

Neste frío mes de febreiro que, porén xa anticipa a primavera, imos lembrar a alguén que deixou unha grande pegada na nosa lingua, na nosa literatura e na nosa cultura.


1 feb. 2013

FONTES E LAVADOIROS DO CONCELLO DE SADA

Documental estreado o 18 de xaneiro de 2013 na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada. Realizado por "Gallaecia Filmes".


13 ene. 2013

ESTREA DO DOCUMENTAL "FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA"


VENRES 18 DE XANEIRO, ÁS 20:00 HORAS
NA CASA DA CULTURA "PINTOR LLORÉNS"
ESTREA DO DOCUMENTAL
FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA
PRODUCIDO POR GALLAECIA FILMES. 
EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO DE SADA
ENTRADA LIBRE




O EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO
comprácese en convidar a vostede
ao acto de estrea do documental
Fontes e lavadoiros no concello de Sada,
realizado por Gallaecia Filmesa produtora de audiovisuais
creada no instituto ao abeiro do Proxecto DCine
que se está a levar a cabo no centro.
O dito acto desenvolverase o venres dezaoito de xaneiro de 2013 ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.


                                Duración prevista do acto: 45 minutos.                                                      Prégase puntualidade.



A PEGADA INMENSA DE ISAAC DÍAZ PARDO

"A pegada inmensa de Isaac Díaz Pardo" é a modesta contribución de Gallaecia Filmes-Espazo DCine aos actos de homenaxe que a cidadanía de Sada rende ao seu ilustre veciño, "sempre na nosa memoria", en xaneiro de 2013, cando se cumpre o primeiro cabodano do seu pasamento. A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo foi a impulsora desta iniciativa.


5 ene. 2013

CELSO EMILIO FERREIRO CUMPRE CEN ANOS

     Co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo organizou co alumnado de segundo e terceiro da ESO, para o día 12 do 12 do 2012, ás 12 horas, o recitado conxunto do poema do celanovés "Deitado fronte ao mar", acto simultáneo na gran maioría dos centros de ensino de Galicia.


1 ene. 2013

XOSÉ NEIRA VILAS NO IES ISAAC DÍAZ PARDO

Co gallo da inauguración da exposición "Querido Balbino", o autor de "Memorias dun neno labrego" visitou o noso instituto. Adrián Riveiro, de 4ºB, gravou algunhas imaxes que agora reproducimos.