26 jun. 2018

TOXOS 2.0.3

A nosa compañía teatral 2.0.3 presenta!!!!


Parabéns, Toxiños, o resultado do voso traballo foi máis que aceptable. Grazas á ilusión  e ao esforzo de tod@s logramos sacar adiante un ano máis unha representación teatral. Tras moitos bocatas e lambetadas,  tras moitas risas, nervios e algún que outro enfado, tras moitos ensaios ... aquí tedes o froito do voso desvelo e de toda a comunidade educativa que estivo sempre á nosa disposición en todo canto lles pedimos.

GRAZAS A TODOS E A TODAS!



Esta é a vosa reportaxe fotográfica
ALBA E ADRIÁN: A MORTE E O BOTICARIO

TOXOS 2.0.3: A COMPAÑÍA COMPLETA

LUCÍA, ALBA E ROCÍO: AS TRES MULLERES

ALGÚNS DE VÓS POSANDO PARA A FOTO

MÓNICA E IRIA: OS NOSOS CASTELAO

UXÍA, NOELIA E JUDI: CORO DE BOTICARIAS
(tamén Castelao sabía de igualdade)
TANIA: LELA, LELIÑA, LELA


SARA, NADIA, AREA E LUCÍA: CATRO IRMÁNS DO BOTICARIO
(Castelao estaría orgulloso do voso pranto)


Alison, Uxía, Nasr, Eduardo, Laura, Velia...os nosos debuxantes
  
ANXO: O CARABINEIRO






 

 

MIRIAM, VICTORIA E JOSE: OS PANDEIRETEIROS
TANIA: A NOSA ESPECTACULAR LELA


26 oct. 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

Co gallo das Letras Galegas 2017  o grupo de teatro Toxo 2.0 do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo representou a peza de Carlos Casares no centro educativo.

29 nov. 2016

25 nov. 2016

ROTEIRO OTERIANO 2016

Xa tedes a montaxe coas fotografías do roteiro oteriano correspondentes a este curso 2016/2017.

23 may. 2016

PRESENTACIÓN DO GRUPO TEATRAL DO EDLG "TOXOS"

O grupo teatral "Toxos" representou a peza dramática de Manuel María "As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Aquí a tedes en vídeo.


19 may. 2016

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Audiovisual que recolle o proxecto didáctico levado a cabo pola profesora Montse Yoldi co alumnado de terceiro de eso.


MANUEL MARÍA, O MUIÑEIRO DA PALABRA COMPROMETIDO CON GALIZA

Deixamos aquí o enlace ao documental que dende o equipo preparamos para conmemorarmos as Letras Galegas do 2016.