24 may. 2011

Charla de Xurxo Souto

Un éxito. Como non ía ser coñecendo a Xurxo Souto.



Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é un cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica.


O labor que o fixo máis popular foi o de líder e vocalista da banda de rock "Os Diplomáticos de Monte-Alto" entre 1990 e 2001, e por ser un gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar foi a de escritor. Ademais de ter cinco libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla, ou na actualidade os programas Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 é o Director de Programas desta emisora.

En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguración da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.

Recentemente formou o grupo musical "Os 3 Trebóns", onde se encarga da voz e mais do acordeón.

Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.

14 may. 2011

Lois Pereiro no noso insti

O Día das Letras Galegas deste ano 2011 está adicado ao poeta monfortino Lois Pereiro. O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Isaac Díaz Pardo promoveu entre o alumnado a elaboración duns murais en conmemoración desta data.

Lois Pereiro 2011

Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996, foi un escritor e poeta galego. No ano 2011 dedícaselle o Día das Letras Galegas.
Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste periodo entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela corta Náufragos do Paradiso.
En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión (episodios de Dallas e Kung Fu)
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.
Canto das causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática. Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo do seu pasamento foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.
Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco, xunto cos textos orixinais en galego .
Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou:
"Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."
En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:
"Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular"..

CORRELINGUA 2011

O noso centro participou un ano máis no Correlingua 2011. Os alumnos de 3º ESO A elaboraron esta preciosa pancarta coa que percorremos a cidade de A Coruña. Podedes ver estas fotos nas que estades guapísimos.
Películas

11 abr. 2011

Na India en galego


 A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono. Podes colaborar obtendo mais información na súa páxina web e nos videos do canal da ONG.

30 mar. 2011

Concurso literario LUÍSA VILLALTA 2011

Atenciónnn!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Está aberto o prazo para participar no concurso literario do noso centro: CERTAME LUÍSA VILLALTA

AQUÍ ESTÁN OS MELLORES  POETAS DA COMARCA!!!!!!
AQUÍ ESTUDAN AS MELLORES NARRADORAS DA RÍA!!!!!
ANÍMATE E PARTICIPA. SÓ FALTAS TI!!!!!!!!!!

25 feb. 2011

Os Crebinsky. O filme

Miguel de Lira significa risada garantida. Non perdas a oportunidade de ver este filme, que narra a historia de Feodor e Mijail, os irmáns Crebinsky, que naceron do amor entre un náufrago ruso e unha nativa galega. Se con isto só non te animas, outro dato, poderás tamén ver a Luís Tosar o actor galego máis internacional e recoñecido dos nosos tempos.

 Os Crebinsky

Entroido. Gorentosas receitas dende a páxina da Xunta

Aínda non nos recuperamos dos excesos do Nadal e xa toca comer abondo de novo. As sobremesas máis típicas destas datas poderemos degustalas no noso centro grazas á iniciativa do Equipo. Para nos ir informando, podemos visitar a páxina que enlazamos a continuación.

Receitas de Entroido

Entroido

O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper todas as normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas. Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban os morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións secretas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra. Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.

                     Texto tirado de http://vello.vieiros.com/especial/entroido99.html

21 feb. 2011

MAGOSTO 2010

Aquí tedes reflexado o traballo d@s rapac@es



FLOCOS.TV

Moitas veces, cando non chega a nos a nova, parece que iso nunca aconteceu. O mesmo ocorre co cinema en galego. Cantas películas coñeces rodadas orixinalmente en galego? Seguro que o número que ti dás non se aproxima en absoluto á realidade.
Grazas á internet podemos achegarnos con maior facilidade ao que se está a crear na actualidade no noso país. Bótalle un ollo e opina.

FLOCOS

Recicla e vencerás

Dános ideas para darlle unha nova vida ao noso refugallo

FUTBOL

Existe vida máis alá deste deporte?

NA FIN DE SEMANA

Algún bo plan para esta din de semana?

ENTROIDO

Dános unha boa idea: que podemos facer este Entroido?

RENOVA A TÚA LISTA DE REPRODUCIÓN

Dende a seguinte páxina web poderás descargar, LE-GAL-MEN-TE, música galega de todos os xéneros e para todos os gustos. E todo baixo licenza Creative Commons!


A REGUEIFA

ES(TENDE) a túa opinión

Superaches xa o teu medo a divertirte lendo? Entra na seguinte páxina e poderás compartir con outras persoas os teus gustos, as novidades editoriais ou ler sobre libros que aínda non liches.
REDELIBROS

LOIS PEREIRO ou o amor pola vida

Xa vai tocando, achégase a data, 17 de maio. Este ano celebramos poder gozar da obra dun dos poetas máis importantes do noso tempo.
Así o imaxina Sechu Sende no seu blog.