9 oct 2013
LUÍSA VILLALTA: PAIXÓN E COMPROMISO
O pasado venres 13 de setembro, na capela de San Roque e dentro dos actos de conmemoración do 25 aniversario do IES Isaac Díaz Pardo, inaugurouse a exposición "Papagaio", con fotografías de Maribel Longueira e poemas de Luísa Villalta. No transcorrer do acto proxectouse o documental sobre a sempre querida e lembrada ex-profesora do instituto, realizado por "Gallaecia Filmes".
21 may 2013
LETRAS GALEGAS 2013
O pasado martes, 14 de maio, os alumnos /as de 4º ESO visitaron A Voz Audiovisual, dentro das actividades que o Equipo de Dinamización Lingüística programou para esta semana das Letras Galegas. Aquí está a reportaxe gráfica.
Esta semana non paramos no Instituto, esta vez tocoulles aos alumnos/as de 3º ESO que asistiron ao CORRELINGUA 2013.
Esta semana non paramos no Instituto, esta vez tocoulles aos alumnos/as de 3º ESO que asistiron ao CORRELINGUA 2013.
26 abr 2013
PREMIO DO CONCURSO DE VÍDEOS "CORRELINGUA 2013"
O venres 26 de abril alumnos e alumnas do noso centro recolleron en Pontevedra o premio que nos acredita como gañadores do concurso de vídeos Correlingua 2013.
13 abr 2013
GALLAECIA FILMES, A PRODUTORA DE AUDIOVISUAIS DO EDLG DO NOSO INSTITUTO, GAÑA O CONCURSO DE VÍDEOS "CORRELINGUA 2013"
Xa podes ver o vídeo gañador do concurso "Correlingua 2013", Galego, a chave do mundo, realizado por 14 alumnos e alumnas do noso centro.
O vindeiro 26 de abril recolleremos orgullosos o premio en Pontevedra.
Parabéns para todos os participantes.
http://www.youtube.com/watch?v=GfljKpWBstI
O vindeiro 26 de abril recolleremos orgullosos o premio en Pontevedra.
Parabéns para todos os participantes.
http://www.youtube.com/watch?v=GfljKpWBstI
26 mar 2013
ASÍ SE RODOU "GALEGO, A CHAVE DO MUNDO"
Pequena montaxe coas tomas falsas da rodaxe de "Galego, a chave do mundo", curtametraxe coa que o EDLG participa no concurso de vídeos do Correlingua 2013.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=bRowItPVdtM
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=bRowItPVdtM
18 feb 2013
ROSALÍA DE CASTRO
ANIVERSARIO!!!!!
| 24 DE FEBREIRO: ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO. HAI 150 ANOS QUE SE PUBLICOU CANTARES GALLEGOS Neste frío mes de febreiro que, porén xa anticipa a primavera, imos lembrar a alguén que deixou unha grande pegada na nosa lingua, na nosa literatura e na nosa cultura. |
1 feb 2013
FONTES E LAVADOIROS DO CONCELLO DE SADA
Documental estreado o 18 de xaneiro de 2013 na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada. Realizado por "Gallaecia Filmes".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)