Atenciónnn!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Está aberto o prazo para participar no concurso literario do noso centro: CERTAME LUÍSA VILLALTA
AQUÍ ESTÁN OS MELLORES POETAS DA COMARCA!!!!!!
AQUÍ ESTUDAN AS MELLORES NARRADORAS DA RÍA!!!!!
ANÍMATE E PARTICIPA. SÓ FALTAS TI!!!!!!!!!!
30 mar 2011
15 mar 2011
25 feb 2011
Os Crebinsky. O filme
Miguel de Lira significa risada garantida. Non perdas a oportunidade de ver este filme, que narra a historia de Feodor e Mijail, os irmáns Crebinsky, que naceron do amor entre un náufrago ruso e unha nativa galega. Se con isto só non te animas, outro dato, poderás tamén ver a Luís Tosar o actor galego máis internacional e recoñecido dos nosos tempos.
Os Crebinsky
Os Crebinsky
Entroido. Gorentosas receitas dende a páxina da Xunta
Aínda non nos recuperamos dos excesos do Nadal e xa toca comer abondo de novo. As sobremesas máis típicas destas datas poderemos degustalas no noso centro grazas á iniciativa do Equipo. Para nos ir informando, podemos visitar a páxina que enlazamos a continuación.
Receitas de Entroido
Receitas de Entroido
Entroido
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper todas as normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas. Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os peliqueiros e cigarróns centran a atención dos visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa que castigaban os morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo, tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito máis antiga. Risco cría que proviña das asociacións secretas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza supón que as súas orixes pertencen á prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e Verín son algúns dos sinais desta festa tque se pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra. Tempo para a diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente -importantísima do Entroido galego é a gastronomía: o lacón con grelos como prato forte, acompañado de doces como as orellas ou as filloas, son as comidas típicas destas festas.
Texto tirado de http://vello.vieiros.com/especial/entroido99.html

21 feb 2011
FLOCOS.TV
Moitas veces, cando non chega a nos a nova, parece que iso nunca aconteceu. O mesmo ocorre co cinema en galego. Cantas películas coñeces rodadas orixinalmente en galego? Seguro que o número que ti dás non se aproxima en absoluto á realidade.
Grazas á internet podemos achegarnos con maior facilidade ao que se está a crear na actualidade no noso país. Bótalle un ollo e opina.
FLOCOS
Grazas á internet podemos achegarnos con maior facilidade ao que se está a crear na actualidade no noso país. Bótalle un ollo e opina.
FLOCOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)