Todo o alumnado da ESO participou nunha actividade que consistiu na elaboración de catro etiquetas para colocar nos agasallos do Nadal. "Este agasallo é para..." contou con dous ilustradores de 3º de ESO- David Dans e Carla Villca- que realizaron os deseños das etiquetas. Logo montamos unha exposición no patio central e, finalmente, devolvémolas para que puidesen ser usadas en cada casa. Aquí tedes algunhas fotos.
Esta actividade enche a BIBLIOTECA de cabazas, candeas e alumnado de 1º e 2º de ESO disposto a pasalo ben e , ás veces, algo de... MEEEDOOO!!!
Este ano contamos coa inestimable colaboración de Adriana, Alberto, Candela, Laura e Sheila de 1º de Bacharelato e as almas en pena de Antía, Inés e Lúa de 3º de ESO que deron algún susto a quen non estaba ben atento...
MOI BOAS!! Comezamos o curso 2018-2019 cun novo equipo de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA que pretende continuar desenvolvendo un traballo a favor do galego nunha liña semellante á do equipo anterior. Para iso necesitámosvos a TODAS e a TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A primeira actividade foi un obradoiro de cine impartido pola directora JAIONE CAMBORDA para alumnado de 3º de ESO .
JAIONE CAMBORDA
Aínda quer esta muller é vasca, ademais de éuscaro e castelán... tamén fala GALEGO, o idioma no que se desenvolveu a actividade . Nela remontouse ás orixeS do cine e coa colaboración do alumnado analizaron as principais características do cine.
En breve informaremos das seguintes actividades que temos pensado realizar....
Parabéns, Toxiños, o resultado do voso traballo foi máis que aceptable. Grazas á ilusión e ao esforzo de tod@s logramos sacar adiante un ano máis unha representación teatral. Tras moitos bocatas e lambetadas, tras moitas risas, nervios e algún que outro enfado, tras moitos ensaios ... aquí tedes o froito do voso desvelo e de toda a comunidade educativa que estivo sempre á nosa disposición en todo canto lles pedimos.
GRAZAS A TODOS E A TODAS!
Esta é a vosa reportaxe fotográfica
ALBA E ADRIÁN: A MORTE E O BOTICARIO
TOXOS 2.0.3: A COMPAÑÍA COMPLETA
LUCÍA, ALBA E ROCÍO: AS TRES MULLERES
ALGÚNS DE VÓS POSANDO PARA A FOTO
MÓNICA E IRIA: OS NOSOS CASTELAO
UXÍA, NOELIA E JUDI: CORO DE BOTICARIAS
(tamén Castelao sabía de igualdade)
TANIA: LELA, LELIÑA, LELA
SARA, NADIA, AREA E LUCÍA: CATRO IRMÁNS DO BOTICARIO
(Castelao estaría orgulloso do voso pranto)