25 nov 2016
ROTEIRO OTERIANO 2016
Xa tedes a montaxe coas fotografías do roteiro oteriano correspondentes a este curso 2016/2017.
23 may 2016
PRESENTACIÓN DO GRUPO TEATRAL DO EDLG "TOXOS"
O grupo teatral "Toxos" representou a peza dramática de Manuel María "As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Aquí a tedes en vídeo.
19 may 2016
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
Audiovisual que recolle o proxecto didáctico levado a cabo pola profesora Montse Yoldi co alumnado de terceiro de eso.
MANUEL MARÍA, O MUIÑEIRO DA PALABRA COMPROMETIDO CON GALIZA
Deixamos aquí o enlace ao documental que dende o equipo preparamos para conmemorarmos as Letras Galegas do 2016.
29 nov 2015
MALIA A SÚA MORTE, SEMPRE ESTARÁ CONNOSCO
Xosé Neira Vilas morreu o pasado venres 27 de novembro, mais sempre nos acompañará. A mellor homenaxe que lle podedes render é ler a súa obra.
Compartimos estas fotografías que recollen a última vez que nos acompañou no instituto. O motivo fora a conmemoración do 150 aniversario do nacemento do ilustre sadense, Manuel Lugrís Freire (1863-1940).
Compartimos estas fotografías que recollen a última vez que nos acompañou no instituto. O motivo fora a conmemoración do 150 aniversario do nacemento do ilustre sadense, Manuel Lugrís Freire (1863-1940).
24 nov 2015
ENTREGA DE PREMIOS "OUFF ESCOLA 2015"
O pasado 16 de novembro, alumnos e alumnas do noso centro desprazáronse a Ourense para recoller o premio "Blanco Amor" ao mellor guión cinematográfico pola produción de GallaeciaFILMES "Fontes e lavadoiros no concello de Sada". Velaí tedes un par de fotografías do acto que se desenvolveu no auditorio municipal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


