19 may 2016

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Audiovisual que recolle o proxecto didáctico levado a cabo pola profesora Montse Yoldi co alumnado de terceiro de eso.


MANUEL MARÍA, O MUIÑEIRO DA PALABRA COMPROMETIDO CON GALIZA

Deixamos aquí o enlace ao documental que dende o equipo preparamos para conmemorarmos as Letras Galegas do 2016.


29 nov 2015

MALIA A SÚA MORTE, SEMPRE ESTARÁ CONNOSCO

Xosé Neira Vilas morreu o pasado venres 27 de novembro, mais sempre nos acompañará. A mellor homenaxe que lle podedes render é ler a súa obra.
Compartimos estas fotografías que recollen a última vez que nos acompañou no instituto. O motivo fora a conmemoración do 150 aniversario do nacemento do ilustre sadense, Manuel Lugrís Freire (1863-1940).




24 nov 2015

POLO NADAL, HUMOR E RETRANCA

Por Xaquín Marín.


ENTREGA DE PREMIOS "OUFF ESCOLA 2015"

O pasado 16  de novembro, alumnos e alumnas do noso centro desprazáronse a Ourense para recoller o premio "Blanco Amor" ao mellor guión cinematográfico pola produción de GallaeciaFILMES "Fontes e lavadoiros no concello de Sada". Velaí tedes un par de fotografías do acto que se desenvolveu no auditorio municipal.



4 oct 2015

CONVERSAS

CONVERSAS  é un proxecto pensado para recuperar a esencia do "sermos galegos" a través da palabra. Unha das mellores maneiras de contribuír a iso é escoitando os nosos maiores.
O venres 23 de outubro, ás 20:00 horas, na casa da cultura "Pintor Lloréns" de Sada, podes participar neste proxecto asistindo ao acto no que se presentará este documental. Ademais, haberá unha pequena actuación musical de alumnos e ex-alumnos do teu instituto.
Non faltes.

29 sept 2015

SABES QUE?

Ferrol é a cidade máis desgaleguizada en termos idiomáticos.



    FONTE: IGE, 2011

     Atendendo a estes resultados a cidade máis desgaleguizada en termos idiomáticos é Ferrol, non só por amosar a menor porcentaxe de falantes habituais de lingua galega, un 12% do total, senón tamén porque é o espazo urbano no que máis veciñanza di non falar "nunca" galego, un 23% que a sitúa moi por riba da media galega. Tamén están por riba desa media do 11% as cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo, mentres que quedan por baixo Ourense (11%) e Compostela (8%). Nas sete cidades o grupo de poboación máis numeroso é o que di falar galego "ás veces".

MOBILIZARSE POLO GALEGO É MÁIS NECESARIO CA NUNCA