19 may 2016
MANUEL MARÍA, O MUIÑEIRO DA PALABRA COMPROMETIDO CON GALIZA
Deixamos aquí o enlace ao documental que dende o equipo preparamos para conmemorarmos as Letras Galegas do 2016.
29 nov 2015
MALIA A SÚA MORTE, SEMPRE ESTARÁ CONNOSCO
Xosé Neira Vilas morreu o pasado venres 27 de novembro, mais sempre nos acompañará. A mellor homenaxe que lle podedes render é ler a súa obra.
Compartimos estas fotografías que recollen a última vez que nos acompañou no instituto. O motivo fora a conmemoración do 150 aniversario do nacemento do ilustre sadense, Manuel Lugrís Freire (1863-1940).

24 nov 2015
ENTREGA DE PREMIOS "OUFF ESCOLA 2015"
O pasado 16 de novembro, alumnos e alumnas do noso centro desprazáronse a Ourense para recoller o premio "Blanco Amor" ao mellor guión cinematográfico pola produción de GallaeciaFILMES "Fontes e lavadoiros no concello de Sada". Velaí tedes un par de fotografías do acto que se desenvolveu no auditorio municipal.
4 oct 2015
CONVERSAS
CONVERSAS é un proxecto pensado para recuperar a esencia do "sermos galegos" a través da palabra. Unha das mellores maneiras de contribuír a iso é escoitando os nosos maiores.
O venres 23 de outubro, ás 20:00 horas, na casa da cultura "Pintor Lloréns" de Sada, podes participar neste proxecto asistindo ao acto no que se presentará este documental. Ademais, haberá unha pequena actuación musical de alumnos e ex-alumnos do teu instituto.
Non faltes.

29 sept 2015
SABES QUE?
Ferrol é a cidade máis desgaleguizada
en termos idiomáticos.
FONTE: IGE, 2011
Atendendo a estes resultados a cidade
máis desgaleguizada en termos idiomáticos é Ferrol, non só por amosar a menor
porcentaxe de falantes habituais de lingua galega, un 12% do total, senón tamén
porque é o espazo urbano no que máis veciñanza di non falar "nunca"
galego, un 23% que a sitúa moi por riba da media galega. Tamén están por riba
desa media do 11% as cidades da Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo, mentres que
quedan por baixo Ourense (11%) e Compostela (8%). Nas sete cidades o grupo de
poboación máis numeroso é o que di falar galego "ás veces".
MOBILIZARSE POLO GALEGO É MÁIS NECESARIO CA NUNCA
19 jul 2015
ENTROIDO
Con moito retraso, porque durante o curso non hai tempo para facer as montaxes coas fotos das moitas actividades nas que participades, pero aquí tedes unha pequena presentación de Kizoa cos disfraces do entroido. Espero que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)