12 feb 2015
BICOS CON LINGUA
O día 27 de xaneiro tivemos unha saída ao teatro. Púxemonos en marcha nada máis chegar ao instituto, e , unha hora máis tarde, estabamos en Santiago, chegamos cedo ao Salón Teatro, así que tivemos tempo libre mentres a compañía Talía Teatro ensaiaba.
Cando sentamos na sala , e chegaron os demais institutos, a obra comezou. Apareceron dous homes, e o primeiro que fixeron foi falarnos da súa lingua, a protagonista da representación, neste caso, o galego.
A obra conseguiu engancharnos dende o primeiro momento, en cada unha das escenas expoñía un prexuízo lingüístico con moitísimo humor. Dende que somos pequenos ata a morte, xa que na última escena representábase o futuro, un futuro no que o galego se convertirá nunha lingua morta, isto fíxonos reflexionar a todos. Realmente o espectáculo fíxonos recapacitar, e dunha maneira entretida, os cincuenta minutos pasaron voando, xa que falaba de cousas cotiás, mesturadasdas con humor e destinadas aos mozos.
Cando rematou a obra déronnos tempo para pasear pola cidade , algúns ata nos perdemos no regreso ao teatro. En resumo, foi unha saída moi atractiva, a obra sinceramente sorprendeunos moi positivamente, porque case todos pensabamos que sería un tostón de teatro, pero pásamolo ben, e pola nosa parte gustaríanos repetir. Aitana e Aurora, 4º ESO-A
9 nov 2014
ROTEIRO OTERIANO
O pasado xoves, 29 de outubro, fixemos o Roteiro Oteriano, aquí temos a mostra do traballo realizado: visita guiada ao mosteiro de Oseira, visita á casa museo de Otero Pedrayo, paseo pola cidade de Ourense atopando as referencias aos escritores ourensáns: Otero, Blanco Amor, Risco e finalmente baño nas Burgas… Un día moi completo de actividade cultural e nun ambiente relaxado de risas e diversión entre os alumnos de 4º ESO. Bo traballo rapaces!
26 oct 2014
GHALEGHO
Como ben sabes o "gh" utilízase para representar na escrita o noso rasgo dialectal da gheada, ese rasgo que nos fai rir cando o escoitamos na clase, porque é moi "ghañán", así falan os do monte… fóra prexuízos rapaces, fóra complexos, síntete orgulloso de como falan teus pais e teus avós: non é castrapo é GHALEGHO.
Escoitade a estes rapaces que están arrasando na rede.
Escoitade a estes rapaces que están arrasando na rede.
21 oct 2014
SAMAÍN
Xa estamos en outubro, chegou o outono e con el o Samaín. Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Instituto está a preparar unha sorpresa terrorífica para os alumnos de 1º e 2º de ESO.
O próximo mércores 29 de outubro os alumnos de 1º ESO subirán á biblioteca para asistir á celebración do Samaín, os alumnos de 2º de ESO asistirán o xoves 30.
Cal será o personaxe protagonista deste ano? O LOBISHOME non pode ser, porque xa nos acompañou hai dous anos; a SANTA COMPAÑA tampouco, porque veu o ano pasado; quen nos visitará esta vez?
Non esquezas traer cabazas, o medo xa cho poñemos nós!!!
Aquí temos o resultado desta actividade. Neste vídeo están os alumnos de 1º ESO, pero proximamente subiremos as fotos dos alumnos de 2º ou a estes levaríaos a Maruxaina co son das súas cornas?

6 jun 2014
GALEGO, O PASO ADIANTE
Xa podedes ver a montaxe audiovisual realizada por "GallaeciaFilmes" titulada "Galego, o paso adiante" e que participou no Correlingua 2014.
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=_VZgNYFLkqE
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=_VZgNYFLkqE
4 jun 2014
CORRELINGUA 2014
Aquí estades os alumnos e alumnas de 3º ESO, un ano máis participando no Correlingua, este ano ademais de asistir á carreira pola defensa da lingua galega, disfrutastes de ter gañado o premio do Manifesto.
NORABOA RAPACES!
BO TRABALLO!
NORABOA RAPACES!
BO TRABALLO!
23 may 2014
ACTO AO QUE NON PODES FALTAR
O vindeiro venres día 30, no auditorio da casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, ás 17:00 horas, presentación das últimas curtametraxes da produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)