9 nov 2014
ROTEIRO OTERIANO
O pasado xoves, 29 de outubro, fixemos o Roteiro Oteriano, aquí temos a mostra do traballo realizado: visita guiada ao mosteiro de Oseira, visita á casa museo de Otero Pedrayo, paseo pola cidade de Ourense atopando as referencias aos escritores ourensáns: Otero, Blanco Amor, Risco e finalmente baño nas Burgas… Un día moi completo de actividade cultural e nun ambiente relaxado de risas e diversión entre os alumnos de 4º ESO. Bo traballo rapaces!
26 oct 2014
GHALEGHO
Como ben sabes o "gh" utilízase para representar na escrita o noso rasgo dialectal da gheada, ese rasgo que nos fai rir cando o escoitamos na clase, porque é moi "ghañán", así falan os do monte… fóra prexuízos rapaces, fóra complexos, síntete orgulloso de como falan teus pais e teus avós: non é castrapo é GHALEGHO.
Escoitade a estes rapaces que están arrasando na rede.
Escoitade a estes rapaces que están arrasando na rede.
21 oct 2014
SAMAÍN
Xa estamos en outubro, chegou o outono e con el o Samaín. Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Instituto está a preparar unha sorpresa terrorífica para os alumnos de 1º e 2º de ESO.
O próximo mércores 29 de outubro os alumnos de 1º ESO subirán á biblioteca para asistir á celebración do Samaín, os alumnos de 2º de ESO asistirán o xoves 30.
Cal será o personaxe protagonista deste ano? O LOBISHOME non pode ser, porque xa nos acompañou hai dous anos; a SANTA COMPAÑA tampouco, porque veu o ano pasado; quen nos visitará esta vez?
Non esquezas traer cabazas, o medo xa cho poñemos nós!!!
Aquí temos o resultado desta actividade. Neste vídeo están os alumnos de 1º ESO, pero proximamente subiremos as fotos dos alumnos de 2º ou a estes levaríaos a Maruxaina co son das súas cornas?

6 jun 2014
GALEGO, O PASO ADIANTE
Xa podedes ver a montaxe audiovisual realizada por "GallaeciaFilmes" titulada "Galego, o paso adiante" e que participou no Correlingua 2014.
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=_VZgNYFLkqE
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=_VZgNYFLkqE
4 jun 2014
CORRELINGUA 2014
Aquí estades os alumnos e alumnas de 3º ESO, un ano máis participando no Correlingua, este ano ademais de asistir á carreira pola defensa da lingua galega, disfrutastes de ter gañado o premio do Manifesto.
NORABOA RAPACES!
BO TRABALLO!
NORABOA RAPACES!
BO TRABALLO!
23 may 2014
ACTO AO QUE NON PODES FALTAR
O vindeiro venres día 30, no auditorio da casa da cultura Pintor Lloréns de Sada, ás 17:00 horas, presentación das últimas curtametraxes da produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo.
16 abr 2014
FINALIZACIÓN DE RODAXE
O pasado luns, día 14 de abril, na casa da cultura de Sada, rematamos a gravación do proxecto audiovisual "Primeiros Versos", levado a cabo por un grupo de alumnos e de alumnas do IES Isaac Díaz Pardo. Son seis as producións realizadas a partir de poemas de seis autores galegos. As montaxes levan os títulos:
Axiña esperamos compartilas con todos vós. Estade atentos; merece a pena a letra, a música, as imaxes, a voz e a montaxe de cada unha das curtametraxes (tres minutos de duración cada unha delas). Con estas producións pretendemos tamén facer un primeiro achegamento á poesía galega. Este proxecto terá continuidade no vindeiro curso.
- "Ondas do mar", baseada nunha cantiga de Martín Códax.
- "Campos de soidade", baseada no poema "Pra a Habana!" de Rosalía de Castro.
- "Miña pomba dourada", baseada no poema "No niño novo do vento" de Álvaro Cunqueiro.
- "Galego, a chave do mundo", baseada no poema "A fala" de Manuel María.
- "Paixón e compromiso", Baseada no poema "A amizade ten flor que..." de Luísa Villalta.
- "Coas pálpebras baixas", baseada no poema homónimo de Montse Yoldi.
Axiña esperamos compartilas con todos vós. Estade atentos; merece a pena a letra, a música, as imaxes, a voz e a montaxe de cada unha das curtametraxes (tres minutos de duración cada unha delas). Con estas producións pretendemos tamén facer un primeiro achegamento á poesía galega. Este proxecto terá continuidade no vindeiro curso.
Con estas seis "curtas" participamos no concurso de vídeo poesía PALABRASINPAPEL.
Parabéns para a ducia de alumnos e alumnas do noso instituto que fixeron posible este proxecto. Terémosvos informados.
Na fotografía: Héctor, Antón e Carla, de 1ºB de bacharelato.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)