1 feb 2013
FONTES E LAVADOIROS DO CONCELLO DE SADA
Documental estreado o 18 de xaneiro de 2013 na casa da cultura Pintor Lloréns de Sada. Realizado por "Gallaecia Filmes".
13 ene 2013
ESTREA DO DOCUMENTAL "FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA"
VENRES 18 DE XANEIRO, ÁS 20:00 HORAS
NA CASA DA CULTURA "PINTOR LLORÉNS"
ESTREA DO DOCUMENTAL
FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA
PRODUCIDO POR GALLAECIA FILMES.
EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO DE SADA
ENTRADA LIBRE
O EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO
comprácese en convidar a vostede
ao acto de estrea do documental
Fontes e lavadoiros no concello de Sada,
realizado por Gallaecia Filmes, a produtora de audiovisuais
creada no instituto ao abeiro do Proxecto DCine
que se está a levar a cabo no centro.
O dito acto desenvolverase o venres dezaoito de xaneiro de 2013 ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.
Duración prevista do acto: 45 minutos. Prégase puntualidade.
A PEGADA INMENSA DE ISAAC DÍAZ PARDO
"A pegada inmensa de Isaac Díaz Pardo" é a modesta contribución de Gallaecia Filmes-Espazo DCine aos actos de homenaxe que a cidadanía de Sada rende ao seu ilustre veciño, "sempre na nosa memoria", en xaneiro de 2013, cando se cumpre o primeiro cabodano do seu pasamento. A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo foi a impulsora desta iniciativa.
5 ene 2013
CELSO EMILIO FERREIRO CUMPRE CEN ANOS
Co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo organizou co alumnado de segundo e terceiro da ESO, para o día 12 do 12 do 2012, ás 12 horas, o recitado conxunto do poema do celanovés "Deitado fronte ao mar", acto simultáneo na gran maioría dos centros de ensino de Galicia.
1 ene 2013
XOSÉ NEIRA VILAS NO IES ISAAC DÍAZ PARDO
Co gallo da inauguración da exposición "Querido Balbino", o autor de "Memorias dun neno labrego" visitou o noso instituto. Adrián Riveiro, de 4ºB, gravou algunhas imaxes que agora reproducimos.
20 dic 2012
BO NADAL
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo de Sada
deséxavos un bo Nadal e a mellor entrada posíbel neste ano 2013 que nos chega
cargado de incertidumes e de sacrificios.
Saúde e forza para cambiar para mellor este mundo.
Lembrádevos de que o mellor agasallo é o galego.
Entre todos.
EDLG
4 dic 2012
DÍA DE RODAXE
Hoxe, sábado 1 de decembro, foi día de rodaxe para a produción "Fontes e lavadoiros no concello de Sada". Pasamos por Pazos para recoller a Filuca López Rodríguez (naceu vai para oitenta anos no lugar da Pedreira, en Carnoedo). Dirixímonos ao lavadoiro de Carnoedo onde xa de nena ía lavar a roupa. Alí, fíxonos unha demostración de como era o proceso de lavado da roupa. Despois, para asombro de todos, colleu unha sella, botouna á cabeza e deu un paseo con ela. Moitas grazas por todo, Filuca!
Carmen Castelo Monteagudo, Xefa López Rodríguez, Javier González Garrido, Salomé Monteagudo López, Gloria Castelo Monteagudo, Filuca López Rodríguez, Xosé Seoane, Adrián Riveiro, Manuel Couce e Daniel López Conde.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


