5 ene 2013
CELSO EMILIO FERREIRO CUMPRE CEN ANOS
Co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo organizou co alumnado de segundo e terceiro da ESO, para o día 12 do 12 do 2012, ás 12 horas, o recitado conxunto do poema do celanovés "Deitado fronte ao mar", acto simultáneo na gran maioría dos centros de ensino de Galicia.
1 ene 2013
XOSÉ NEIRA VILAS NO IES ISAAC DÍAZ PARDO
Co gallo da inauguración da exposición "Querido Balbino", o autor de "Memorias dun neno labrego" visitou o noso instituto. Adrián Riveiro, de 4ºB, gravou algunhas imaxes que agora reproducimos.
20 dic 2012
BO NADAL
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo de Sada
deséxavos un bo Nadal e a mellor entrada posíbel neste ano 2013 que nos chega
cargado de incertidumes e de sacrificios.
Saúde e forza para cambiar para mellor este mundo.
Lembrádevos de que o mellor agasallo é o galego.
Entre todos.
EDLG
4 dic 2012
DÍA DE RODAXE
Hoxe, sábado 1 de decembro, foi día de rodaxe para a produción "Fontes e lavadoiros no concello de Sada". Pasamos por Pazos para recoller a Filuca López Rodríguez (naceu vai para oitenta anos no lugar da Pedreira, en Carnoedo). Dirixímonos ao lavadoiro de Carnoedo onde xa de nena ía lavar a roupa. Alí, fíxonos unha demostración de como era o proceso de lavado da roupa. Despois, para asombro de todos, colleu unha sella, botouna á cabeza e deu un paseo con ela. Moitas grazas por todo, Filuca!
Carmen Castelo Monteagudo, Xefa López Rodríguez, Javier González Garrido, Salomé Monteagudo López, Gloria Castelo Monteagudo, Filuca López Rodríguez, Xosé Seoane, Adrián Riveiro, Manuel Couce e Daniel López Conde.
30 nov 2012
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
O equipo non tería sentido sen eles. O futuro da nosa lingua, depende de vós.
Alumnas e alumnos que forman parte do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
28 nov 2012
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2012
Presentámosvos a primeira produción de "Gallaecia filmes", a produtora de audiovisuais do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Trátase dun sinxelo anuncio que quere fomentar a participación do alumnado no proceso de elección dos seus representantes no consello escolar do instituto. Adrián Riveiro (cámara) e Daniel López (montaxe), dous alumnos de 4º da ESO, son os realizadores do documento.
27 nov 2012
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "QUERIDO BALBINO"
O luns 26 deste mes de santos, o IES Isaac Díaz Pardo recibiu a visita do entrañable e querido Xosé Neira Vilas, co gallo da inauguración oficial (con presenza das autoridades) da exposición que conmemora o cincuenta aniversario da publicación de "Memorias dun neno labrego" (1961). Agardamos que axiña vos poidamos ofrecer un pequeno documento audiovisual coas súas palabras. Mentres tanto deixámosvos un par de fotografías do acto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
