Coa colaboración do departamento de Plástica e alumnado de diferentes grupos elaboramos unha "árbore das palabras" coa temática do Nadal para transmitir os nosos mellores desexos e aprender algunha palabriña...
NORMALIZASADA
Equipo de dinamización lingüística IES "ISAAC DÍAZ PARDO"
26 ene 2020
SAMAÍN 2019
Fotos do Samaín coa visita dun druida das afastadas terras dos celtas do norte.
Fotos do Samaín coa visita dun druida das afastadas terras dos celtas do norte.
Irene, Candela, Navia e Uxía conseguiron o primeiro premio do concurso de microrelatos de medo |
Candela, Mar e Adriana, parte do equipo de 2º de Bacharelato que conduciron as sesións desenvolvidas na biblioteca. |
Eva, Sara, Andrea e Erika. Gañadoras do segundo premio |
Todas as gañadoras co druida. |
16 ene 2019
NADAL 2018
Todo o alumnado da ESO participou nunha actividade que consistiu na elaboración de catro etiquetas para colocar nos agasallos do Nadal. "Este agasallo é para..." contou con dous ilustradores de 3º de ESO- David Dans e Carla Villca- que realizaron os deseños das etiquetas. Logo montamos unha exposición no patio central e, finalmente, devolvémolas para que puidesen ser usadas en cada casa. Aquí tedes algunhas fotos.
Deseño Carla Villca 3º ESO A |
Deseño de David Dans Villares 3º ESO A |
E chegou o SAMAíN!!
Esta actividade enche a BIBLIOTECA de cabazas, candeas e alumnado de 1º e 2º de ESO disposto a pasalo ben e , ás veces, algo de... MEEEDOOO!!!
Este ano contamos coa inestimable colaboración de Adriana, Alberto, Candela, Laura e Sheila de 1º de Bacharelato e as almas en pena de Antía, Inés e Lúa de 3º de ESO que deron algún susto a quen non estaba ben atento...
Equipo colaborador |
25 nov 2018
Obradoiro de cine
MOI BOAS!! Comezamos o curso 2018-2019 cun novo equipo de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA que pretende continuar desenvolvendo un traballo a favor do galego nunha liña semellante á do equipo anterior. Para iso necesitámosvos a TODAS e a TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
A primeira actividade foi un obradoiro de cine impartido pola directora JAIONE CAMBORDA para alumnado de 3º de ESO .
JAIONE CAMBORDA |
Aínda quer esta muller é vasca, ademais de éuscaro e castelán... tamén fala GALEGO, o idioma no que se desenvolveu a actividade . Nela remontouse ás orixeS do cine e coa colaboración do alumnado analizaron as principais características do cine.
En breve informaremos das seguintes actividades que temos pensado realizar....
26 jun 2018
TOXOS 2.0.3
A nosa compañía teatral 2.0.3 presenta!!!!
Parabéns, Toxiños, o resultado do voso traballo foi máis que aceptable. Grazas á ilusión e ao esforzo de tod@s logramos sacar adiante un ano máis unha representación teatral. Tras moitos bocatas e lambetadas, tras moitas risas, nervios e algún que outro enfado, tras moitos ensaios ... aquí tedes o froito do voso desvelo e de toda a comunidade educativa que estivo sempre á nosa disposición en todo canto lles pedimos.
GRAZAS A TODOS E A TODAS!
Esta é a vosa reportaxe fotográfica
Parabéns, Toxiños, o resultado do voso traballo foi máis que aceptable. Grazas á ilusión e ao esforzo de tod@s logramos sacar adiante un ano máis unha representación teatral. Tras moitos bocatas e lambetadas, tras moitas risas, nervios e algún que outro enfado, tras moitos ensaios ... aquí tedes o froito do voso desvelo e de toda a comunidade educativa que estivo sempre á nosa disposición en todo canto lles pedimos.
GRAZAS A TODOS E A TODAS!
Esta é a vosa reportaxe fotográfica
ALBA E ADRIÁN: A MORTE E O BOTICARIO |
TOXOS 2.0.3: A COMPAÑÍA COMPLETA |
LUCÍA, ALBA E ROCÍO: AS TRES MULLERES |
ALGÚNS DE VÓS POSANDO PARA A FOTO |
MÓNICA E IRIA: OS NOSOS CASTELAO |
UXÍA, NOELIA E JUDI: CORO DE BOTICARIAS (tamén Castelao sabía de igualdade) |
TANIA: LELA, LELIÑA, LELA |
SARA, NADIA, AREA E LUCÍA: CATRO IRMÁNS DO BOTICARIO (Castelao estaría orgulloso do voso pranto) |
Alison, Uxía, Nasr, Eduardo, Laura, Velia...os nosos debuxantes |
ANXO: O CARABINEIRO |
MIRIAM, VICTORIA E JOSE: OS PANDEIRETEIROS |
TANIA: A NOSA ESPECTACULAR LELA |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)