13 ene 2013

ESTREA DO DOCUMENTAL "FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA"


VENRES 18 DE XANEIRO, ÁS 20:00 HORAS
NA CASA DA CULTURA "PINTOR LLORÉNS"
ESTREA DO DOCUMENTAL
FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE SADA
PRODUCIDO POR GALLAECIA FILMES. 
EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO DE SADA
ENTRADA LIBRE




O EDLG DO IES ISAAC DÍAZ PARDO
comprácese en convidar a vostede
ao acto de estrea do documental
Fontes e lavadoiros no concello de Sada,
realizado por Gallaecia Filmesa produtora de audiovisuais
creada no instituto ao abeiro do Proxecto DCine
que se está a levar a cabo no centro.
O dito acto desenvolverase o venres dezaoito de xaneiro de 2013 ás 20:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada.


                                Duración prevista do acto: 45 minutos.                                                      Prégase puntualidade.



A PEGADA INMENSA DE ISAAC DÍAZ PARDO

"A pegada inmensa de Isaac Díaz Pardo" é a modesta contribución de Gallaecia Filmes-Espazo DCine aos actos de homenaxe que a cidadanía de Sada rende ao seu ilustre veciño, "sempre na nosa memoria", en xaneiro de 2013, cando se cumpre o primeiro cabodano do seu pasamento. A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo foi a impulsora desta iniciativa.


5 ene 2013

CELSO EMILIO FERREIRO CUMPRE CEN ANOS

     Co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Isaac Díaz Pardo organizou co alumnado de segundo e terceiro da ESO, para o día 12 do 12 do 2012, ás 12 horas, o recitado conxunto do poema do celanovés "Deitado fronte ao mar", acto simultáneo na gran maioría dos centros de ensino de Galicia.


1 ene 2013

XOSÉ NEIRA VILAS NO IES ISAAC DÍAZ PARDO

Co gallo da inauguración da exposición "Querido Balbino", o autor de "Memorias dun neno labrego" visitou o noso instituto. Adrián Riveiro, de 4ºB, gravou algunhas imaxes que agora reproducimos.